Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PSOE da Baña pide reunirse para falar do problema co transporte

Ante as protestas que suscitan os autobuses do CPI da vila. piden unha solución urxente

A Baña. Os socialistas da Baña aseguran que dende o comezo das clases os problemas no transporte escolar “que realiza a empresa Monbus, no CPI de San Vicente, volven a ser constantes”, aseguran dende o partido. “De novo autocares en mal estado, sen cintos de seguridade, continuos atrasos a hora de recoller ás crianzas, fan que os veciños da Baña estean a perder a paciencia”. Cousa que se demostrou, insisten, coa realización dunha concentración diante do CPI, para manifestar “o pésimo servizo que está a facer esta empresa contratada pola Xunta de Galicia”, apuntan.

Segundo explican dende o partido, mantiveron unha reunión no mes de xullo coa Consellería de Mobilidade, na que “o Xefe territorial se comprometeu a ter totalmente solucionada esta problemática para o comezo do novo curso escolar. Pero a día de hoxe vemos como a palabra del, non vale de nada”, apostillan os socialistas bañeses.

Ante esta situación, piden que se solicite unha nova xuntanza de carácter urxente na que estean presentes os representantes dos partidos políticos que forman a corporación, “unha representación das familias usuarias do servizo, unha representación do CPI, xa sexa a través da dirección ou do consello escolar, unha representación da Afa, o Xefe territorial da Consellería de Mobilidade, e a empresa Monbus”, especifican. O obxectivo, din, é solucionar “dunha vez esta situación”.

Hai que lembrar que a pasada semana concentrábanse diante do centro escolar máis dun centanar de familiares de alumnos e aseguraban que se o problema non se soluciona, protestarán cada xoves ata quedar conformes coa solución. Laméntanse, entre outras cousas, dos retrasos, e de que a veces os autobuses nin aparecen. C.E.

19 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.