Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O punto limpo de Dodro permanecerá en Lestrove ata o día 16

Facilitará á veciñanza a reciclaxe de residuos que non se depositan no contenedor

Dodro. O Concello de Dodro puso a disposición da veciñanza un novo servizo municipal destinado a facilitar o labor de separación e posterior reciclaxe de residuos. Tratase do punto limpo móbil que permanecerá ata o vindeiro día 16 de xaneiro na parroquia de Lestrobe.

O citado punto limpo móbil está composto por un contedor de gran volume, con oito compartimentos para o depósito separado de tubos fluorescentes, lámpadas, pilas e baterías, latas contaminadas e aerosois, cartuchos de tinta baleiros, aceite de cociña usado, pequenos electrodomésticos e elementos electrónicos, de informática e teléfonos móbiles.

PERCORRIDO. O seu percorrido polo municipio iníciouse este luns, coa súa instalación na parroquia de Lestrobe. Nesta localización, a unidade do punto limpo móbil permanecerá unha semana. Transcorrido este período de tempo, o punto será trasladado ao polideportivo municipal e, deste, ao campo de fútbol situado en Chenlo.

O seguinte emprazamento, según a información facilitada polo Concello, será en Traxeito, e a esta seguirán: Imo, Bexo e Teaio.

Indicar, finalmente, que en todos os casos, segundo indican, o punto limpo móbil permanecerá instalado durante unha semana en cada localización. Esta ubicación sinalarase cun panel informativo e previamente será anunciada a través das vías de comunicación habituais do Concello, tales, como a páxina web e as redes socias. arca

11 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.