Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O rexedor vedrés xa ten datas para xuntarse cos veciños das 12 parroquias

Vedra. Como cada final de ano, o rexedor de Vedra, Carlos Martínez, propón unha serie de xuntanzas cos veciños das doce parroquias do municipio. O obxectivo non é outro que abordar coa veciñanza temas de interese xeral.

As reunións arrancarán o vindeiro martes, día 8, na casa da cultura de Santa Cruz de Ribadulla. A seguinte quenda está prevista no local social de San Xián o 10 deste mes. O 22 haberá outra no centro sociocultural de Vedra; o xoves 24 será no local social de Illobre e o martes 29, levarase a cabo a reunion no local multiusos de Trobe.

Xa en decembro haberá unha o día 12 no local social de San Fins; outra o 20 no local social de Vilanova, o xoves 22 no local social de Ponte Ulla, e o martes 27 no local social de San Pedro de Sarandón. A última de decembro é o 29 na casa da cultura de San Miguel de Sarandón. Hai outra o 10 de xaneiro no local social de Merín e o 12 no multiusos. Todas elas están previstas para as 20.30 horas. c.e.

06 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.