Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O rock galego chegará un verán máis ás rúas do Milladoiro en agosto

Os grupos deste
ano son Chicharrón, Biribirlocke, The Rapants e Battosai

Ames. O rock galego volve ao Milladoiro o venres 5 de agosto coa décimo primeira edición do Millarock. Nesta ocasión, subiranse ao escenario os grupos Chicharrón, Biribirlocke, The Rapants e Battosai. Organizado pola concellaría de Cultura do Concello de Ames, este evento musical xurdiu co obxectivo de promocionar o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. A décimo primeira edición volve con aforo ilimitado e entrada libre e de balde.

A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, aproveitou a presentación do evento para louvar o espírito do Millarock: “levamos seis anos apostando de forma continuada por este festival e eu creo que é totalmente necesario porque trae ao noso concello rock en galego, grupos locais e grupos en feminino. Once anos despois o Millarock segue fiel ao seu estilo”. E engadiu que “o Millarock será o pistoletazo de saída das festas da Madalena”. Pola súa banda, a técnica de Cultura, María Vázquez, destacou que o Millarock é un festival consolidado: “trátase dunha cita consolidada en Ames, hai que recordar que fixemos o Millarock en plena pandemia. Cando era impensable sentar aos amantes do rock nos fixémolo e enchemos 400 cadeiras”.

Francisco Gómez Seijo (Gandy), de COPRA Contrataciones y Producciones Artísticas deu as claves do éxito do Millarock: “Ames é un concello roqueiro de base pero, ademais, coida ao país con ese rock en galego, dálle pulo aos grupos emerxentes e destaca polo feminino”.

GRUPOS. The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Battosai son Héctor, Nolo e Gus, que en 2018 se xuntan para formar unha banda inspirada nos seus gustos compartidos polo rock da década dos 90 e 2000, o grunge, o punk, o emo ou o rock alternativo. Biribirlocke comezou no rock and roll en 2010 e Chicharrón é unha banda de Carballo que nace en 2014. Destacan por un estilo próximo ao pop e ao rock. C.E.

05 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.