Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O San Isidro en Rois ábrese na noite coa gran verbena

Rois. A veciñanza de Rois celebra esta fin de semana o Santo Isidro cun programa cheo de música, festa, andainas e actividades deportivas e culturais, e esténdese máis alá do día grande, o domingo 15 de maio. As festas compleméntanse coas actividades de Rois no Camiño das Letras, que se prolongan ata o 19 de xuño. A fin de semana ábrese este sábado 14 cunha gran verbena a cargo da orquestra Unión y Fuerza e do Dúo Reflejos, no campo da festa.

Será o antesala do día grande, o domingo. O campo da festa será o epicentro das actividades nunha xornada que se abrirá ás 9.30 horas coa III Andaina Popular Santo Isidro Labrador. Ás 12.00 actuarán as agrupacións da escola municipal, e ás 13.00 haberá misa solemne, do coro de Buxán. Xa pola tarde, a cativada gozará co espectáculo A granxa (17.30 horas) e despois actuarán as agrupacións de música tradicional. Haberá inchables e obradoiros e un picnic para persoas empadroadas. arca

14 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.