Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Xardín do Milladoiro segue á espera dunha data para ser inaugurado

O municipio amiense estreará nas próximas semanas un novo parque, o cal pretende combatir unha realidade da que se queixan tódolos veciños da vila: a falta de zonas verdes. Deste xeito, os cidadáns estrearán un parque de 12.000 metros cadrados e que contará con cincocentos de sendas destinadas aos peóns. Ademais, estará adaptado ás necesidades de tódalas persoas e contará con alumeado led, dúas mesas de tenis de mesa, bancos e fontes. Incrementando así os espacios de lecer maila flora, xa que sumará 44 árbores e 9.500 metros de enradeiras. A maiores o Concello ten previsto invertir preto de 150.000 euros para abrir un senda que conecte o parque coa zona de baixo o viaducto da autoestrada, polo monte no entorno das rúas do Rego e da Costa Grande. Así, O Milladoiro intenta apostar polas zonas verdes. pedro brea

12 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.