Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obradoiro para aprender a facer tapices naturais

AMES. A programación de outono da Aula da Natureza do Concello de Ames continúa en novembro cun obradoiro para aprender a facer tapices con fibras naturais e nós de macramé. Haberá tres sesións: o sábado 12 de novembro de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas, e o domingo 13, de 11.00 a 13.30. As persoas que queiran comer na Aula da Natureza o sábado poden levar comida da casa e quedar alí á hora de xantar. O taller impartirase nas instalacións da Aula da Natureza, no lugar de Quintáns, e haberá un servizo de autobús para achegarse alí. Sairá dende a casa da cultura do Milladoiro e dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns. As prazas son limitadas e para participar cómpre inscribirse previamente. O prazo para anotarse estará aberto ata o 11 de novembro e para facelo hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. Máis información no teléfono 660 004 665. C.G.

05 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.