Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Obradoiros en aula para evitar que a rapazada amesá tropece coas adiccións

Continúan neste mes e no de maio no IES do Milladoiro, A Maía, Agro do Muíño e Barouta

A Maía. O alumnado da ESO do IES de O Milladoiro, de 4º, 5º e 6º de Primaria do colexio da Maía e de 4º de Primaria dos colexios de Barouta e Agro do Muíño participará proximamente nos Obradoiros de prevención de condutas aditivas que a concellaría de Benestar e Promoción da Saúde, con Luísa Feijóo á fronte, vén organizando desde hai varios anos nos centros educativos públicos amesáns. E todo sen esquencer que ao longo do mes de marzo desenvolvéronse talleres semellantes para os rapaces de 5º e 6º en Barouta e Agro do Muíño.

Estes obradoiros teñen como finalidade proporcionar ao alumnado a adquisición de capacidades e habilidades que lles permitan desenvolver estilos de vida saudables e afrontar axeitadamente as situacións de risco relacionadas coas adiccións. Ademais, ofrecen ferramentas para desenvolver capacidades e habilidades persoais que faciliten actitudes de rexeitamento ao consumo das substancias.

Neste mes e no de maio está prevista a realización de intervencións no IES de Milladoiro, coa participarán 300 mozos divididos en 12 grupos para o que están programadas 60 sesións. Ademais do traballo de prevención en condutas aditivas relacionadas co consumo de substancias e o uso problemático das TICS, afondarase nestes grupos na prevención da ludopatía, facendo especial fincapé no xogo on-line e nas apostas.

Tamén en abril está previsto a realización de obradoiros para grupos de Primaria no colexio da Maía, Barouta e Agro do Muíño. M. Outeiro

14 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.