Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 03 diciembre 2021
22:21
h

Oroso renova e pon a punto as súas instalacións deportivas

As actuacións, que continuarán nos próximos meses, dan resposta ás demandas dos clubs do municipio

O Concello de Oroso realizou nas últimas semanas diferentes actuacións para renovar e poñer a punto as instalacións deportivas do municipio, no comezo dunha tempada na que se retoman as competicións que o ano pasado tiveron que interrumpirse pola pandemia da Covid-19. Todas as actuacións, que continuarán nos próximos meses, dan resposta ás demandas dos clubs de Oroso, cos que o concello colabora e mantén o contacto de forma constante.

Entre as tarefas realizadas, houbo melloras no alumeado en diferentes instalacións, como o campo de béisbol, e reformas na pista de taekwondo e na pista de tenis da parroquia de Deixebre. Procedeuse ademais á reposición do céspede no campo de fútbol de Villaromarís e á instalación dunha caseta para a venda de entradas no campo do Sigüeiro. No pavillón polideportivo, hai unha nova pasarela para o acceso entre gradas e instalouse un palco polivalente, que pode servir para ubicar aos xuíces de determinados deportes ou para acoller autoridades nalgúns eventos. Na sala polivalente, puxéronse novos vinilos para evitar problemas coa luz.

“Son pequenas melloras que favorecen a práctica deportiva e a comodidade dos espectadores; o fomento dos hábitos de vida saudables é unha prioridade para o noso grupo de goberno, polo que queremos que os veciños conten coas mellores infraestruturas posibles”, asegura Antonio Leira, concelleiro de Deportes de Oroso.

“Todas estas tarefas dan ademais continuidade ao noso plan continuo para renovar e mellorar o conxunto das infraestruturas de ocio e deporte en todo o municipio”, engade o alcalde, Luis Rey Villaverde.

O concello quere agradecer o esforzo e a colaboración dos clubs, “xa que traballando unidos os grandes beneficiados son os veciños e veciñas de Oroso”, remata Leira.

06 oct 2021 / 13:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.