Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os campamentos da Aula da Natureza contan con cincuenta nenos este xullo

Están destinados a cativos de entre 6 a 14 anos e inclúen dende saídas ata concursos

Ames. A Aula da Natureza de Ames está a desenvolver ao longo do mes de xullo os seus campamentos urbanos, dirixidos á rapazada de 6 a 14 anos, e que se realizan nas propias instalacións da aula, situadas na Ameixenda. Uns 50 nenos e nenas completaron as prazas dos campamentos, repartidos entre unha primeira quenda, que se celebrou do 4 ao 15 de xullo, e a segunda, que comezou o luns 18 e rematará o 29 de xullo.

As actividades realizadas inclúen obradoiros, saídas, xogos e concursos, co foco posto no coidado e o coñecemento da natureza, o traballo en equipo e a empatía. Os campamentos urbanos da Aula da Natureza parten do servizo de Campamentos de

Verán 2022 do Concello de Ames. Son unha proposta diferente ás demais deste conxunto, xa que se desenvolven de 10.00 a 18.00 horas no propio concello, nas instalacións da Aula da Natureza na Ameixenda, e contan cunha franxa de idade máis ampla, dos 6 aos 14 anos. A técnica responsable da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, destacou os vínculos que se forman nestes campamentos ano tras ano.

“Isto é un pouco como unha familia, a relación que temos entre os nenos, os maiores, os pequenos, monitores, monitoras. A sensación de ver un ano despois a amizades que non ves, compartir o mesmo espazo, e sobre todo o aire libre, que facilita todo moito. Normalmente con 25 prazas por quenda é suficiente, pero este ano quedaron moitos rapaces sin poder vir, teremos que telo en conta para o ano. Moitos repiten, outros empezan novos, tamén é bonito porque algúns dos monitores estivo como acampado aquí”. Pola súa banda, o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Lens, incidiu na gran recepción que están a ter estas propostas. C.G.

25 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.