Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os campamentos de praia América e Paisaxe reúnen a máis de cen rapaces

AMES. A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, e a técnica municipal de mocidade, Pili Villaverde, visitaron a semana pasada as instalacións dos campamentos de Paisaxe II (O Grove) e praia América (Nigrán), onde 122 mozos e mozas de Ames gozan duns días de sol e actividades. Ditas propostas enmárcanse dentro da programación de campamentos de verán que organiza o Concello amesán durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. No de praia América, en Nigrán, participan 72 rapaces de 1º e 2º de ESO. Un grupo de 50 rapaces participaron do 10 ao de 16 de xullo, mentres que outro grupo de 22 mozos e mozas están neste campamento actualmente. A súa estadía é do 17 ao 23 de xullo. Algunhas das actividades que se fixeron e se están realizando neste campamento son: excursión a Monteferro e ás Illas Cíes; practicaron actividades de caiac, paddle board, bici e vela; fixeron xogos na praia, volei, e desfrutaron da piscina. Por outra banda, 50 rapaces de 3º de ESO a 2º de Bacharelato participaron no campamento Paisaxe II (O Grove) do 10 ao 16 de xullo. As mozas e mozos que participaron en dito campamento visitaron Catoira e a Lanzada, practicaron padle surf, bodie board, caiac e surf. Tamén fixeron varias rutas. C.G.

19 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.