Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os Encontros Literarios volverán á biblioteca con Lladó o xoves

Nesta ocasión o autor vai presentar de xeito telemático, no Pazo da Peregrina, o estudo

A Maía. A Biblioteca Municipal de Ames reedita o programa de Encontros literarios aos que acudirán tanto autores consagrados como noveis e se presentarán proxectos editoriais de interese polo seu contido e actualidade, sempre con entrada libre e gratuíta ata completar o aforo. Para este trimestre está prevista a presenza de Salvador Lladó, Emma Pedreira, Alfredo Conde e Xosé L. Santos Cabanas.

A primeira sesión celebrarase este xoves 21 de outubro de xeito telemático (ás 20.00 h. no Pazo da Peregrina). E estará protagonizada por Salvador Lladó e o seu estudo A bolsa ou a vida, o 99 % contra a emerxencia climática, publicado por Catro Ventos Editora.

Salvador é doutor en microbioloxía ambiental e biotecnoloxía pola Universidade de Barcelona e nesta obra presenta, dunha forma clara, didáctica e amena, diferentes perspectivas da actual crise ecolóxica: desde a causa central que sitúa na necesidade imperiosa de medrar do noso sistema económico, até o principal síntoma, a emerxencia climática, posta ademais aquí en relación coa pandemia da covid e toda unha serie de propostas políticas (ecosocialismo, Green New Deal ou decrecemento, entre outros) que nacen da necesidade de lle pór freo á destrución da natureza.

A seguinte sesión dos Encontros Literarios traerá a Ames a Emma Pedreira, que presentará a súa última obra Os libros que hai en min publicado pola editora Cuarto de Inverno. Trátase dunha obra chea de humor, amor, anécdotas, digresións e libros. M.M.

20 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.