Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os maiores padroneses fórmanse en alimentación

Padrón. As Aulas Senior de Padrón, que coordina Ategal, retomaron a actividade este venres, 25 de novembro, co programa Sumando calidade a vida. Trátase dun ciclo de talleres para fomentar o envellecemento activo destinados as persoas maiores de 55 anos da comarca.

Nesta ocasión, a licenciada en Bioloxía e profesora secundaria, Silvia Méndes, foi a encargada de disertar sobre Neuroalimentación: Sistema nervioso óptimo a través da alimentación. Neste taller tratanse temas como a anatomía e fisioloxía do sistema nervioso, a alimentación óptima para o sistema nervioso, alimentos a evitar e a preparación de receitas saudables.

O Concello e Ategal renovaron a principios deste mes o convenio de colaboraque Padrón achega unha contía de 6.300 euros para o desenvolvemento das actividades das Aulas Sénior, a cesión das instalacións (locais do centro social e os pavillóns de deportes municipais) e o persoal necesario para algunhas das iniciativas e cursos que se celebran na entidade.

GRAN MATRÍCULA. Indicar que as Aulas Sénior de Padrón, con 210 alumnos e alumnas, supera en matrícula á das aulas das grandes urbes galegas, segundo datos facilitados polo Concello

O curso de Ategal inaugurouse o pasado 15 de novembro en Santiago, de Compostela nun acto no que estiveron presentes o alcalde, Antonio Fernández e a concelleira Lorena Couso. arca

26 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.