Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 21 septiembre 2021
18:33
h

Os músicos amesáns xa teñen local para ensaiar

AMES. Os músicos e músicas de Ames xa poden reservar o local municipal A Factoría. E é que a concellería de Mocidade pon de novo á disposición dos grupos musicais do municipio un equipamento municipal para facilitarlles un espazo para o ensaio. Búscase así “fomentar a práctica musical da mocidade de Ames e contribuír a unha maior formación musical e técnica dos grupos que fan uso deste equipamento”, sinalan dende o goberno local. Ademais, preténdese crear unha plataforma de encontro para o intercambio de experiencias musicais que promovan un ocio xuvenil creativo, organizar eventos cos máis novos, e difundir entre a cidadanía os aspectos positivos da cultura musical. Para poder reservar o local, polo menos un dos seus integrantes debe estar empadroado en Ames e o grupo ten que estar dado de alta no censo municipal de artistas da vila. O horario para ocupar o establecemento será o solicitado polos grupos entre as 10.00 e as 22.00 horas sempre e cando non estean organizadas outras actividades do Concello. Unha vez enviada a solicitude, a concellería de mocidade entregará ao solicitante unha autorización do uso das instalacións indicadas, na que figurará o nome do grupo solicitante e do seu representante, o DNI, relación das persoas que compoñen o mesmo e os días e horas nas que está autorizado o uso. C.E.

19 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.