Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os obradoiros de emprego de Santa Comba, A Baña, Dubra e Negreira pechan a inscripción este venres

Santa Comba. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu un novo obradoiro de emprego no que participan os concellos de Santa Comba (concello promotor), A Baña, Val do Dubra e Negreira. O chamado Obradoiro Reacciona consta de dous módulos formativos baixo a denominación de Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e Limpeza de espazos abertos e instalación industriais, e poderán lévalo a cabo vinte alumnos/as en total, dez por especialidade. A formación impartirase no centro de formación Escola-Obradoiro do Concello de Santa Comba e o alumnado cursará a parte práctica en espazos municipais de cada un dos concellos participantes nestes obradoiros de emprego. Os participantes contarán cun contrato de traballo de 40 horas semanais durante un ano e percibirán unha retribución equivalente ó 100% do salario mínimo interprofesional incluidas as pagas extraordinarias. A data aproximada de inicio dos cursos é o 19 de setembro. A etapa de formación estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. As persoas interesadas deben estar inscritas como demandantes de emprego e ter solicitado a súa inclusión nos obradoiros na propia oficina de emprego. O prazo para inscribirse para este obradoiro remata o próximo venres, día 26 de agosto. Os interesados en participar en estos obradoiros de xardinería e limpeza poden consultar as bases de selección do alumnado e do persoal directivo, docente e de apoio na sede electrónica do Concello de Santa Comba e nas páxinas webs dos catro concellos participantes. Para conseguir máis información poden contactar directamente coas oficinas de orientación laboral tanto de Santa Comba como da Baña, Val do Dubra ou Negreira. C.G.

21 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.