Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os padroneses apostan de xeito maioritario por un turismo sostible

O 97 por cento dos que respostaron á enquisa o cren básico para a economía local

Padrón. A concellería de Turismo do Concello de Padrón recompila e analiza todos os datos da enquisa realizada online no marco do Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio elaborado por este departamento. Os resultados da fase de consulta mostran que tanto a comunidade local coma os axentes implicados apostan por un modelo de turismo sostible e o 97 % cren que o sector é básico para a economía local.

As propostas trasladadas reflexan que a cidadanía quere que dende o executivo local se traballe en iniciativas para consolidar Padrón como un destino verde e sostible no que as actividades ao aire libre e en contacto coa natureza teñan especial protagonismo e se aposte por unha idea de turismo saúdable e que potencia o benestar persoal.

As máis de 100 persoas que participaron nesta enquisa consideran que o turismo e o comportamento dos viaxeiros cambiou pola pandemia, e as tendencias do futuro van nesta liña. Segundo a opinión cidadá, o equipo de goberno do executivo padronés debe promocionar o turismo de proximidade, crear bonos e concursos para o comercio local e a praza de Abastos, e sacar adiante oferta de ocio para nenos e nenas, e logo dirixirse a turistas das comunidades veciñas. s. e.

17 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.