Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 diciembre 2021
03:22
h

Os padroneses que fixeron a ruta obtiveron a Pedronía

Padrón. Un total de sesenta veciños e veciñas de Padrón participaron este sábado 23 de outubro na Ruta da Pedronía organizada pola concellería de Deportes padronesa. Estas sesenta persoas completaron os 25 quilómetros que separan a Praza do Obradoiro de Padrón, obtendo así a credencial da Pedronía.

A expedición saíu do Campo do Souto ás 8.00 horas para desprazarse en autobús ata Santiago de Compostela, dende onde iniciaron un roteiro que rememora a antiga ruta de peregrinación xacobea na que os peregrinos finalizaban o camiño en Padrón tras chegar a Compostela.

A expedición pasou por numerosos puntos de interese histórico, cultural e paisaxístico, tales como a capela da Magdalena (Ames), a carballeira de San Martiño (Teo), Ponte Paradela e o Castro Lupario (Brión), o Pazo do Faramello (Rois) ou os santuarios da Nosa Señora da Escravitude, Santa María A Maior ou a Igrexa de Santiago (Padrón) antes de chegar ao Santiaguiño do Monte.

A concelleira de Deportes, Lorena Couso, destaca que “esta ruta é só unha das moitas iniciativas que organizamos ao longo do ano para promover a Pedronía e defender a Padrón como berce do Xacobeo”. arca

26 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.