Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os participantes na actividade “Móllate polos ríos” recolleron 30 quilos de lixo no rego dos Pasos

Oito personas de Ames colaboraron nesta iniciativa que tivo lugar este domingo pasado, 27 de setembro // Tamén se atoparon con electrodomésticos e mobiliario de cociña no río Sar

Ames. O Concello de Ames participou este domingo pasado, 27 de setembro, na actividade “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), esta actividade consiste na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. As persoas voluntarias que participaron estiveron divididas en dous grupos e recolleron 30 quilos de lixo encontrado no rego dos Pasos, na contorna do paseo fluvial de Bertamiráns e, incluso, se atoparon con electrodomésticos e mobiliario de cociña no río Sar. Neste último tramo, no río Sar, a diferenza do primeiro, no rego dos Pasos, na que se percibiu a mellora na limpeza con respecto ao ano anterior, destacou a cantidade de escombros atopados e o mal estado das augas.

A asociación ADEGA, a través do programa “Proxecto Ríos”, vén organizando dende o ano 2008, esta xornada de limpeza simultánea de ríos e regatos en toda Galicia. Trátase dun programa de educación e voluntariado ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Este ano quixeron colaborar na iniciativa oito persoas que se reuniron na praza do Concello ás 10.30 horas. Unha vez realizada a presentación da actividade e dar as instrucións oportunas sobre como debían desenvolver a limpeza, fixéronse dous grupos que se encargaron da limpeza de dúas zonas diferentes: un tramo do rego dos Pasos e outro tramo do río Sar. A participación este ano en Ames foi baixa, pero a cantidade de lixo recollida foi boa, polo tanto o resultado do traballo feito foi positivo.

REGO DOS PASOS. O primeiro grupo adicouse a recoller o lixo do rego dos Pasos, na contorna do paseo fluvial de Bertamiráns. No primeiro tramo da ruta é onde máis limpeza se tivo que facer xa que había restos de lixo. Os voluntarios e voluntarias encontraron latas de cervexa, vasos, paquetes de tabaco, así como botellas ou cabichas.

Os/as voluntarios/as continuaron pola ruda do río sorprendidos polo bo estado da agua e a limpeza da zona. Tras o esforzo que se lle adicou a edición pasada á limpeza deste tramo do rego, este ano notouse a concienciación das persoas, xa que son moitas as que percorren a ruta do rego dos Pasos. Tan só houbo que recoller algún envoltorio antigo. En total, o grupo de voluntarios reuniron 30 quilos de lixo no rego dos Pasos.

RÍO SAR. O segundo grupo de persoas limparon o tramo do río Sar que vai dende Vidaloiso ata o Rial. Neste tramo comprobouse o nulo tratamento das augas xa que ata o río Sar chegan compresas, bastóns de oídos e bolsas de plástico.

Este lixo non foi o único atopado nas beiras deste tramo do río Sar, senón que os voluntarios puideron ver como este río se converteu nun vertedoiro. Electrodomésticos e ata un mobiliario enteiro dunha cociña desfeita estaban no Sar.

As labores de limpeza remataron arredor da 13.00 horas e as/os participantes reuníronse de novo na praza do Concello para avaliar a natureza e quilos de lixo recollidos en cada rego e despois depositaron o lixo nos correspondentes contedores. Os datos acadados ao longo da xornada serán enviados a ADEGA, para a realización dun informe sobre o estado dos nosos ríos.

Este ano a iniciativa “Móllate polos ríos” non contou cunha gran participación por parte da veciñanza de Ames xa que tan só 8 voluntario/as prestaron a súa axuda. Non obstante, foi una xornada agradable e cun resultados moi gratificantes debido a gran recollida de lixo que se fixo.

28 sep 2020 / 15:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.