Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os pequenos músicos de Rois súmanse á Festa de San Isidro cun concerto

ROIS. A Escola Municipal de Música (ESMU) de Rois quérese sumar tamén a celebración das festas patronais do Santo Isidro coa súa primeira actuación de fin de curso. No concerto do Santo Isidro, dezanove alumnas e alumnos dos máis de oitenta que acoden a escola de música, interpretan diferentes temas para amosar a súa evolución durante os últimos meses.

O Concerto do Santo Isidro da ESMU de Rois comeza coa actuación do saxofonista Damián Losada Vázquez, que interpreta Badinerie-2, unha suite de Juan Sebastian Basch, e remata co Dúo para dous violíns do mesmo autor interpertado por Xosé Manuel Tubío Pazos e Vicente Varela Rey. Durante os case 22 minutos que dura este concerto interveñen, por orde de aparición: Damián Losada Vázquez, Nicolás Vázquez, Manuel Rey, Valeria Castro, Francisco Soñora Núñez, Aitana Rodríguez Cobas, Leire Iglesias Suárez, Sabela Becerra Vaamonde, Aroa Boga, Claudia Castro Pérez, Carla García, Alejandro Calvo Pérez, Carmen Rodríguez, Amelia Miguens Castro, Carmen Dios Bronchales, Diego Rivera Diéguez, Emma Bralo Pérez, Xosé Manuel Tubío e Vicente Varela. Indicar que a maxia de Dani Polo e a fusión poética e musical de Queiman e Pousa animaron as festas o sábado. s. e.

17 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.