Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Un grupo de escritores realizarán o Camiño entre Padrón
e Compostela con diálogos literarios multilíngües // En tres xornadas percorrerán os escenarios xacobeos TEXTO Sol Elvira

Os poemas de Rosalía peregrinan a Santiago

O Museo do Pobo Galego acolleu onte a presentación do programa Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües, unhas xornadas que tratan de promover a dimensión internacional da cultura galega en xeral a través da figura de Rosalía de Castro e do Camiño de Santiago. Na presentación participaron a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira Marimón; o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; e a escritora e académica Chus Pato, comisaria e coordinadora das xornadas.

Trátase de percorrer en tres xornadas (os días 15, 16 e 17 de xullo) estes escenarios xacobeos e rosalianos cun grupo de poetas peninsulares ao tempo que se fan unha serie de accións poéticas multilingües. A vida e a obra da autora permiten establecer dous grandes escenarios literarios e xacobeos intimamente relacionados: Padrón, berce do Xacobeo; e Santiago, capital do Xacobeo e da vida e da obra da autora.

Nesta segunda edición a acción poética estará a cargo de oito escritores chegados desde diferentes puntos da Península, coordinados e comisariados pola escritora e académica Chus Pato. Son: Anna Gas (Cataluña), Tere Irastortza (Euskadi), Berta Piñán (Asturies), José Rui Teixeira (Portugal) e os galegos Antón Blanco, Alba Cid, Genaro da Silva e Luz Pichel.

Ademais haberá actuacións musicais como Secho e Berlai, que veñen de presentar novos traballos discográficos; e tamén Laura LaMontagne & Pico Amperio, que mesturan poesía e música electrónica. Ao recital de Iria tamén se incorporarán poetas locais como María Vilas, Noelia Gómez, Paula Antía Rey e Cándido Duro.

As xornadas tamén trataría de dar a coñecer a cultura en xeral, a paisaxe e outros escritores. Por outro lado, a Fundación Rosalía de Castro vén de editar un libro coas obras e traducións que son suxeito do proxecto. Este programa conta cunha axuda de O Teu Xacobeo, da Xunta, e coa colaboración do Museo do Pobo Galego e o Concello de Padrón

PROGRAMA. O programa abrese o xoves 15 en Padrón e Terra de Iria. As 12.30 horas terá lugar Rosas na Adina, un recital con poetas locais e Secho na Casa dos Capeláns. As 20.00 horas, recital multilingüe con poemas dedicados a Rosalía en galego, asturiano, catalán, euskera e portugués. Y a las 21.30 horas actuación de Eliseu Mera (barítono) e Cándido Cabaleiro (piano)

O venres la xornada se traslada a Santiago, cunha visita, as 10.00 horas, aos lugares xacobeos e rosalianos guiada por Mercedes Espiño. As 12.00 se presentará na libraría Couceiro os libros O Pintor Cego, de Genaro da Silva, e Lingua de ántrax, de Anna Gas. Xa pola tarde, as 18.00, haberá unha visia ao Museo do Pobo Galego, e as 20.00 o recital poético De Bonaval lonxe, con Antón Blanco Casás, Alba Cid, Genaro da Silva, Luz Pichel, José Rui Teixeira, Berta Piñán, Tere Irastortza e Anna Gas. no Museo. Despois concerto Laura LaMontagne & Pico Amperio.

Finalmente, o sábado, 17, na Casa Rosalía, as 19.00 concerto de Berlai, e as 20.00 recital de Antón Blanco Casás, Alba Cid, Genaro da Silva, Luz Pichel, José Rui Teixeira, Berta Piñán, Tere Irastortza e Anna Gas.

13 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.