Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os populares de Ames tachan de ineficaz a decisión de municipalizar a xestión do ciclo integral da auga

AMES. Os populares de Ames critican a “ineficaz” xestión do Concello á hora de xestionar o ciclo integral da auga. Segundo consideran dende o partido, o alcalde, Blas García, “está seguindo os pasos do seu colega de Valladolid e pretende crear unha empresa municipal para xestionar o Ciclo Integral da Auga

en Ames. O primeiro paso deuse no acordo plenario do pasado 30 de xuño, polo que se aproba o inicio do expediente para o cambio de modelo de xestión do servizo e a creación dunha comisión de estudo”, apuntan dende o Partido Popular.

Insisten en que “no seu afán de telo todo baixo control manifestaron a súa intención de crear unha empresa municipal, terminando así con máis de 20 anos de xestión privada a pesar de que o servizo foi cualificado polos propios informes encargados polo goberno, de moi satisfactorios”, din.

Dende a formación perseveran en que “a situación ten un paralelismo claro coa creada en Valladolid cando se remunicipalizou o servizo coa entrada no goberno dos socialistas co apoio de Valladolid Toma la Palabra, formación do círculo de Podemos ao igual que acontece en Ames”, din. Tras a remunicipalización feita en Valladolid, “a súa xestión demostrou ser un auténtico fracaso e as consecuencias foron inmediatas xa que apenas se inviste en infraestrutura e mellora de rede, tan só un 25 % dos 26,5 millóns de euros licitados, un paupérrimo bagaxe que paga a veciñanza”, sinalan.

Explican que o actual equipo de goberno de Ames presentou informes avalando a posibilidade de municipalizar este servizo pero non foron capaces de confeccionar un informe que garanta a eficacia e a eficiencia da xestión dunha empresa municipal precaria en experiencia”. A creación desta Empresa Municipal de Xestión do Ciclo Integral da Auga “terá que crear un órgano de goberno e soportará uns gastos de estrutura enormes”, rematan. C.G.

04 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
PP
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.