Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
En Outes e Boiro viaxaron en autobús // Trazo, Tordoia, Vimianzo e Cee puideron velos por parroquias// A Estrada recibiunos online TEXTO A. Pérez

Os Reis Magos visitaron Área con seguridade

A crise sanitaria obrigou a todos os concellos da área compostelá a reinventar as súas tradicionais Cabalgatas de Reis. As visitas por parroquias ou por franxas horarias foron o habituais para evitar aglomeracións. Con todo, a pesar das dificultades, os nenos e nenas puideron ver a Melchor, Gaspar e Baltasar.

En Outes, os Reis Magos percorreron o municipio a bordo dun históric bus da empresa Cuíña. Tamén usaron este medio de transporte para visitar as parroquias de Boiro e Teo (onde levaron premio polas súas cartas Lucas Pedreira, Álvaro Fontán e Brais Suárez), e en Ribeira viaxaron en descapotables. En Lousame ofreceron unha recepción durante todo o día na casa da cultura, na que os cativos cumpriron as normas de seguridade e mantiveron as distancias coas Súas Maxestades.

Xa en Ames, os Reis fixeron unha parada na escola infantil municipal de O Bosque e nos auditorios, mentres que en Oroso agardaron á cativada no pavillón. Iso si, houbo que solicitar cita e só puideron acceder ao recinto acompañados de dous adultos como máximo. No caso de Vedra, os Reis recibiron a un total de 175 familias que se anotaron para visitalos na Nave da Estación. En Frades repartíronse entre Abellá, o multiúsos e o polideportivo de Ponte Carreira. Tamén decidiron facer visitas polas parroquias de Tordoia e Trazo. No caso de Boqueixón, atenderon aos pequenos na casa da cultura de Camporrapado de forma personalizada, e A Estrada, pola súa banda, recibiu As Súas Maxestades por videoconferencia.

A cativada de Vimianzo tamén puido velos, xa que percorreron os núcleos das 14 parroquias. O mesmo fixeron en Cee, onde estiveron no municipio dende a mañá, rúa por rúa, para facelo con seguridade.

05 ene 2021 / 19:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.