Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os socialistas de Dodro urxen á Xunta a desbloquear a parcelaria

A revisión feita polo actual goberno está parada trala denuncia do anteior alcalde

Dodro. O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, visitou Dodro, onde mantivo un encontro co seu alcalde, o socialista Xabier Castro, no que tamén estivo a parlamentaria Noa Díaz. Os dous responsables analizaron a iniciativa que Seco presentará na Comisión de Agricultura do próximo xoves na que reclamará á Xunta que remate coa parcelaria Dodro–Laíño II, que incluía a reubicación do polígono 27.

O responsable socialista lembra que o anterior alcalde modificou o PXOM en solitario, en contra do resto dos partidos, coa oposición dos veciños, que presentaron máis de 340 alegacións, e o rexeitamento da maior parte dos propietarios. O novo goberno, de novo encabezado polo PSdeG, revisou o actual PXOM, pero que se atopou cunha denuncia polo contencioso – administrativo do anterior rexedor. Segundo lembran, o director xeral de Desenvolvemento Rural deixou fóra da parcelaria o dito polígono 27, previsto no proxecto orixinal, ata unha resolución da xefatura territorial de Medio Rural que estimou o recurso de alzada presentado pola Comunidade de Montes de Man Común de Balouta e deixou sen efecto a resolución do director xeral. arca

22 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.