Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os superlectores usuarios das bibliotecas amesás entran en sorteo de obras

A Maía. O departamento de Bibliotecas de Ames lanza a campaña Superlectores, coa que busca recoñecer ao seu público infantil e xuvenil máis fiel, á vez que presentan o seu fondo ás persoas que non o coñezan. E fíxoo este martes con motivo do Día dos usuarios destes centros.

Así, ábrese ás persoas de entre 0 e 18 anos esta tarxeta de Superlector, que irán enchendo de selos con cada préstamo para participar nun sorteo de obras que terá lugar o sábado 2 de abril, Día do libro infantil. Haberá premios para cada unha das catro categorías, que atribúe unha cor ás catro franxas de idade protagonistas da campaña: a cativada dos 0 aos 5 anos recibirá o documento branco; o vermello incluirá a nenos de 6 aos 8; o verde, para á rapazada de entre 9 e 12, e por último, o azul, que será a do público xuvenil, entregarase ós de 12 a 18 anos.

Para poder optar a participar no sorteo dos lotes de libros, as persoas usuarias deben completar os ocos das súas respectivas tarxetas con selos, que se repartirán con cada préstamo que soliciten nas bibliotecas amesás. Unha vez cheas as tarxetas, estas depositaranse nas urnas das mesmas cores para así entrar na rifa, o sábado 2 de abril.

Segundo a concelleira de Cultura, Natividade González, “dende o departamento de Bibliotecas ademais de incentivar a lectura, tamén queremos premiar a todos e a todas as nosas Superlectoras. Son moitas as persoas que de xeito habitual acoden ao noso servizo de préstamo”. M.M.

12 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.