Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 24 noviembre 2020
01:04
h

Os tramos das AC-301 e AC-543 en Rois xa ten titularidade municipal

O Consello da Xunta aprobou o cambio de varias franxas e treitos antigos deses viais

Rois. O Consello da Xunta autorizou o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Rois, de varias franxas de dominio público viario e treitos antigos nas estradas autonómicas AC-301 e AC-543. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, de acordo cos informes da Axencia Galega de Infraestruturas por petición do Concello de Rois, formula proposta favorable de transferencia das franxas de dominio público viario e dos treitos antigos que descorren na súa totalidade polo termo municipal.

Está previsto manter dentro da competencia autonómica os sobreanchos que están fóra de solo urbano ou non están ordenados. Polo tanto, acórdase o cambio de titularidade dos treitos antigos e franxas de dominio público viario, agás calzada e beiravías, da estrada autonómica AC-543 así como os treitos antigos desta. Co cambio de titularidade aprobado pola Xunta, o Concello terá a competencia para actuar nos tramos transferidos e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento. O decreto aprobado polo Executivo autonómico produce efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia . arca

22 nov 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.