Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Padrón elimina barreiras e mellora a accesibilidade da biblioteca pública

Ademais instalaron tubaxes de evacuación nos aseos e tamén reformaron os baños

Padrón. O Concello de Padrón vén de facer unha inversión de máis de 16.000 euros para mellorar a accesibilidade e o saneamento do edificio municipal. Así, elimináronse todas as barreiras arquitectónicas tanto do acceso ao edificio coma do xardín da parte traseira do inmoble. A execución desta reforma tivo unha duración aproximada dun mes, e rematou na entrada do mes de decembro.

Pola súa banda, os aseos presentaban problemas de saneamento, polo que se instalaron novas tubaxes de evacuación que se integran no saneamento do concello. A reforma integral dos cuartos de baño da biblioteca implican a instalación de novos aparatos sanitarios, de novos alicatados, da renovación da carpintaría, da reforma do sistema de electricidade e unha nova organización do espazo. Na actualidade os aseos son máis sostibles e fomentan o aforro enerxético, e permiten a autonomía absoluta dunha persoa con mobilidade reducida.

CERTAME ROSALÍA. Por outra banda dende o 2 de xaneiro está aberto o prazo para enviar unha proposta literaria ao VII Certame Poético Rosalía de Castro. O prazo pecharase o 15 de marzo..

Segundo consta nas bases, poderán concurrir todas as persoas de calquera nacionalidade que presenten unha obra inédita en lingua galega e non premiada noutros concursos. O premio é único e indivisible e está dotado con 1.500 euros e diploma acreditativo.

O tema das obras será de libre eleccción de deberán ter unha extensión mínima de 400 versos. Cada obra deberá ser presentada por quintuplicado, baixo o sistema de plica.

O prazo de presentación remata o 15 de marzo e as obras enviaranse ao Concello de Padrón. O xurado actuará en deliberación secreta e está previsto que dé a coñecer o seu fallo antes do 17 de maio de este ano, que se publicará no tablón de anuncios e na web municipal. s.e.

13 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.