Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Padrón fará un espazo para peóns xunto ó canle de derivación do Sar

Satisfacción do BNG pola unanimidade coa que o pleno aprobou as súas propostas

Padrón. O BNG mostrou a súa satisfacción pola aprobación por unanimidade no pleno das propotas da formación nacionalista para dar maior seguridade aos peóns nas pistas da canle de derivación do Sar. A concelleira nacionalista de Padrón, Beatriz Rei, explicou no pleno que as pistas son empregadas sistemáticamente como vías de circunvalación, circulando por elas gran cantidade de vehículos a moita máis velocidade da permitida, 30 km/h. “Estas pistas son de categoría rural e cada día son máis transitadas por grupos, familias, grupos de veciños e deportistas, ben para desprazarse, pasear ou facer deporte”, indicou.

Segundo explica, o pleno asumiu a valoración da concelleira do BNG de que a vulnerabilidade dos peóns ante esta situación esixe tomar medidas que poñan couto á velocidade excesiva dos vehículos e proporcionen seguridade aos peóns. Finalmente a Corporación aprobou por unanimidade as propostas defendidas por Rei , que consisten en reservar un espacio da vía para os peóns, mediante o pintado dunha franxa lateral (compatible coa circulación de maquinaria agrícola), a modo de paso ao longo da pista, así como a mellora da sinalización horizontal e vertical e a mellora da iluminación da vía. “Son medidas que proporcionan seguridade e melloran os servizos”. arca

02 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.