Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Padrón rendeu homenaxe a Loli Costa e premiou os debuxos feitos polo 25-N

padrón. O auditorio municipal de Padrón acolleu na noite deste venres o acto principal programado polo CIM Terras de Iria e o Concello para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un acto que comezou cun minuto de silencio en memoria das 37 mulleres e 4 crianzas asasinadas no que vai de ano. Acto seguido tivo lugar a entrega dos premios do I Certame de debuxos con motivo do 25-N a Uxía Domínguez Vidal (2º A), Mariña Sande Vizcaya (4ºB) e Sofía Agrasar Castro (6ºA) do CEIP Flavia; e Hugo Vidal Barreiro (2ºA), Lía Boullón Pintado (4ºB) e Mariña Boullón Pintado (6ºB) do CEIP Rosalía de Castro. Uns premios que foron entregados pola concelleira de Igualdade, Lorena Couso, quen estivo acompañada polas concelleiras de Servizos Sociais de Rois e Dodro, Mercedes Basante e Ana Muñiz, así como polo concelleiro socialista de Padrón Anxo Rei. Despois tivo lugar unha pequena homenaxe a Loli Costa, vítima de violencia de xénero, quen quixo compartir a súa experiencia no vídeo conmemorativo elaborado polo CIM Terras de Iria e animar ás mulleres de O Sar que sofren violencia de xénero a dar o paso e denunciar. “É mellor estar aquí contándoo, que mortas”, dixo Loli no video. arca

28 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.