Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 23 enero 2021
01:00
h

Padrón únese a Acougo para incrementar na vila as familias acolledoras

Padrón. A concelleira de Servizos Sociais, Ana Luezas, mantivo unha reunión coa presidenta da Asociación Acougo, Carmen Dourado, para adoptar un compromiso de colaboración para apoiar ás familias que participan no programa de acollemento familiar. Na actualidade, no Concello hai tres familias acolledoras: dúas en activo e unha en proceso. En toda Galicia hai en total 329 acolledoras e 1.300 nenos e nenas en centros de acollida. Segundo Acougo, o número das mesmas podería incrementarse se dende as administracións locais “se desen facilidades”. A raíz deste compromiso adquirido co goberno local, sinalan dende a entidade, poderán axudar a estas unidades familiares na realización de xestións e trámites para que os pequenos poidan ir aos comedores escolares; ás actividades deportivas ou á escola infantil. C.G.

16 nov 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.