Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Parque eólico con seis muíños a distribuír entre A Baña
e Val do Dubra

Ubícase no rectángulo que forman as aldeas de Menlle, Estebande, A Revoltiña e Lañas

A Barcala. Vén de saír a exposición pública durante o prazo de 30 días o proxecto do parque eólico de Vilartoxo, que ten previsto instalar seis aeroxeneradores cunha potencia total de 27 MW e afectará aos concellos da Baña e Val do Dubra. E dende o Concello da Baña animan á veciñanza a consultar este proxecto e presentar as súas alegacións antes do 20 de outubro de 2021. Así mesmo, o Concello analizará toda a documentación relativa ao proxecto para ofrecer asesoramento e remitir alegacións.

Trátase dun proxecto de interese autonómico (PIA) cunha potencia a instalar de 27 MW. A produción neta anual estimada será de 85.002 MWh/ano, e o orzamento de execución material chega ata os 21.533.351 euros. O prazo de execución estímase en catro meses. Os muíños repártense no rectángulo que forman Menlle, Estebande, A Revoltiña e Lañas, e dende Green Capital Power fan referencia non só á enerxía limpa a xerar, senón aos postos de traballo para a bisbarra.

Entre outras infraestruturas asociadas aos aeroxeneradores constan unha torre meteorolóxica de 129,5 m de altura; un centro de seccionamento formado por dous edificios prefabricados cun sistema de 30 kV e un edificio prefabricado de control, onde se localizarán os cadros, servizos auxiliares e proteccións correspondentes, xunto cos equipamentos de mando control e protección de 30 kV e os servizos comúns. Neste concello tamén estase a tramitar outro parque no lugar de Troitomil. m. outeiro

07 sep 2021 / 15:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.