Participan medio cento de persoas na Andaina dos Muíños da Baña
A BAÑA. Cincuenta persoas participaron esta fin de semana na primeira Andaina dos Muíños da Baña, que organizou o Concello e Xestión de Actividades co obxectivo de promover hábitos de vida saudables e dar a coñecer e pór en valor entre a veciñanza a riqueza paisaxística do municipio. A praza do Concello foi o punto de saída da andaina. Dende aquí, participantes de todas as idades dirixíronse ata Barro, para baixar despois ata o regato de Faílde e ir ao seu carón contemplando a antiga central hidroeléctrica e os muíños, construcións tradicionais hoxe en desuso pero que no seu día tiveron unha gan actividade e importancia para a veciñanza. O roteiro continuou por detrás de San Vicenzo ata a zona de Agra de Chans, para rematar de novo na praza do Concello. Mantivéronse as máscaras e as medidas de seguridade no percorrido. C.E.