Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pecha o 13 o prazo do certame de carteis para anunciar a mostra Teatrofilia

Vedra. O vindeiro día 13 deste mes é o último para presentar os traballos ao concurso de carteis para anunciar a XIX Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de marzo e que convoca a Asociación Cultural Papaventos.

Cada participante poderá presentar un máximo de dous traballos e os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema, segundo informan dende a organización.

O tamaño dos carteis debe ser formato A3 e poderán realizarse con calquera técnica pictórica. O autor ou autora da obra gañadora será premiado con 300 €. Cada participante deste concurso será obsequiado cun bono para a vindeira edición de Teatrofilia e que poderá recoller na súa billeteira. Asemade concederase un premio accésit ao mellor cartel infantil (nenos e nenas de 3 a 12 anos). C.E.

06 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.