Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Peche ás 04.00 horas da hostalería na urbe amesá

A Maía. O Concello de Ames informa da aprobación dun decreto de ampliación do horario dos locais de hostalería, tanto no interior como nas terrazas, situados nos núcleos de Milladoiro e Bertamiráns con motivo das festas da Madalena e da Peregrina, respectivamente. Deste xeito, o horario alóngase en dúas horas os días 5 e 6 de agosto no Milladoiro –este sábado a comisión fai verbena na travesía do Porto con Xacobeo e disco móbil Fabrik–, e os días 12 e 13 de agosto en Bertamiráns. Tamén se amplía o horario de peche os días 7, 8 e 9 de agosto no Milladoiro e os días 10, 11 e 14 en Bertamiráns; neste caso a ampliación é dunha hora sobre os horarios límite de peche. Deste xeito, na maior urbe os días 5 e 6 deste mes os locais de hostalería pecharán ás 04.00 horas e os días 7, 8 e 9 de agosto farano ás 02.00 horas. En Bertamiráns os días 12 e 13 de agosto aumenta o horario dos locais ata as 04.00 horas e os días 10, 11 e 14, ás 02.00 horas. M. M.

05 ago 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.