Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pesar en Urdilde pola morte do mestre Olimpio dos Santos

Rois. Con fondo pesar recibíase este luns na localide de Urdilde, no municipio de Rois, a noticia do falecemento de Olimpio dos Santos Rodríguez, irmán do tenente de alcalde do Concello de Rois, Manuel dos Santos. Olimpio faleceu este mesmo luns aos sesenta e oito anos de idade, vítima dun cancro.

Segundo contan os seus achegados e amigos, Olimpio era unha persoa querida e coñecida en Urdilde, onde residía. O finado exerceu de profesor de Debuxo e Pintura no colexio Peleteiro e no Instituto de Ensinanza Secundaria Xelmírez II, ambos centros de Santiago de Compostela, así como no IES de Santa Comba, entre outros.

A capela ardente cos seus restos mortais está instalada no tanatorio da localidade de Urdilde.

O funeral terá lugar este martes na igrexa parroquial de Santa María de Urdilde a partir das 11.00 horas. Seguidamente, o corpo de Olimpio dos Santos Rodríguez recibirá sepultura no panteón familiar do devandito cemiterio parroquial.

Indicar que por expreso desexo da familia Dos Santos, non se quixo recibir dó nin flores. arca

24 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.