Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 03 febrero 2023
01:00
h

Pesar pola morte de Adrián Amigo, que será enterrado este mércores na Baña

Un home morreu no accidente de tráfico que tivo como marco a AC-444, á altura do punto quilométrico 4, en Nantón (parroquia de San Mamede de Monte) na tarde deste luns. Trátase de Adrián Amigo Calo, de 29 anos, que recibirá sepultura este mércores no cemiterio de Santa María do Barro, con saída dende o tanatorio La Unión de Negreira ás 11.30 horas. Adrián, gran aficionado ao fútbol, era deportivista.

Foi unha persoa particular quen alertou do sinistro ao 112 Galicia, ás 19.45 horas, poñéndose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santa Comba, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

Desde o lugar dos feitos, os Bombeiros de Santa Comba confirmaron ao 112 Galicia que descartaran usar o material de excarceración, xa que o varón atopábase accesible. Pola súa banda, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.

24 oct 2022 / 21:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.