Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Photocalls, teatro e mural para ‘rosalizar’ ós amesáns

A Maía. O departamento de Normalización Lingüística de Ames anima á veciñanza a participar na campaña Rosalízate, no marco da programación de actividades do Mes de Rosalía, e que inclúe dous photocalls, teatro e un mural alusivo.

Respecto dos espazos para as fotos, estarán na Praza da Maía de Bertamiráns e na Travesía do Porto do Milladoiro para que calquera persoa que o desexe poida retratarse e subilas ás redes sociais acompañadas de versos rosalianos co cancelo #rosalízate. Ademais, dentro da programación do Mes de Rosalía hai teatro, este xoves e o venres, e inaugurarase o mural As Rosalías, de Yoseba Muruzábal, o mércores 23 na Casa de Barbazán.

A iniciativa Rosalízate é unha intervención ao aire libre e en espazos urbanos para que poida participar nela toda a veciñanza e as persoas que se acheguen ou pasen polo concello de Ames ata o 28 de febreiro de 2022. A edil Escarlata Pampín e maila técnica Rosa Moreiras, do Servizo de Normalización Lingüística, xa pasaron polo photocall, que inclúe caretas como os modelos que se enviaron aos centros educativos de Infantil e Primaria para que poidan imprimilas e/ou retocalas.

Respecto do teatro, este xoves representouse en Bertamiráns Rosalía, o lugar onde nacen as poetas, mentres que o venres chegará Libre coma os paxaros, da compañía Teatro do Atlántico. M.M.

18 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.