Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Pixelinphoto e Autonomogal Asesores reciben o Premio Lingua e Empresa

A Mahía. A sala de xuntanzas da casa do concello, en Bertamiráns, acolleu o pasado martes a entrega de galardóns ás dúas empresas gañadoras do Premio Lingua e Empresa. O xurado da cuarta edición do certame elixiu por unanimidade a Pixelinphoto e Autonomogal Asesores de entre as oito propostas que se presentaron aos premios.

Os dous representantes das empresas que resultaron gañadoras recibiron un trofeo e un diploma, que se engade á dotación de 1.500 euros e á campaña de difusión en Ames Radio cos que se premiaba a cada categoría.

Os premios Lingua e Empresa, postos en marcha polas Concellarías de Normalización Lingüística e de Promoción Económica, teñen como obxectivo recoñecer publicamente a contribución ao aumento e á mellora do uso social do galego dende o ámbito empresarial, así como promover o uso da lingua galega na actividade económica do Concello de Ames.

Ao acto de entrega de premios asistiron o alcalde de Ames, Blas García; as concelleiras de Normalización Lingüística e Promoción Económica, Escarlata Pampín e Ana Belén Paz, os técnicos municipais destes departamentos, Rosa Moreiras e Jorge Couñago, así como os compoñentes do xurado.

“A lingua galega é o tesouro máis grande que temos no noso país, do que temos que lembrarnos sempre e non só en datas sinaladas. É unha alegría dar premios deste tipo po”, afirmou Blas García durante a súa intervención. m. a.

31 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.