Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 21 septiembre 2021
16:48
h

Plantas, rap e manifesto polo Orgullo LGTBIQ+

A MAÍA. O Concello de Ames envorcarase este luns 28 co Día do Orgullo LGTBIQ+ sumándose a concellaría de Igualdade á conmemoración desta data a través da campaña Ames en Igualdade. Ademais, pola mañá repartiranse seiscentas plantas con flores das cores da bandeira tanto nos locais sociais do concello como en Milladoiro e Bertamiráns.

A celebración seguirá pola tarde co acto institucional, que chegará ás 18.00 horas ata a praza do Concello coa lectura do manifesto. A concellaría de Mocidade pechará a conmemoración do Día do Orgullo LGTBIQ+ coa actuación de A Rabela, unha rapeira e regueifeira pontevedresa que será a encargada de poñerlle música e improvisación á xornada.

A concellaría de Igualdade, en colaboración coa de Mocidade, reivindican con estes actos a plena igualdade no municipio e poñen de manifesto, unha vez máis, que Ames é un concello que loita contra calquera tipo de discriminación. m. outeiro

28 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.