Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 25 febrero 2021
02:00
h

“Polo camiño, Contos da feira” será a nova actividade virtual do programa Apego en Ames

A sesión de marionetas, contos e cantos realizarase o venres 20 de novembro, a partir das 18.00 horas // Non hai límite de prazas pero é precisa a inscrición previa

Ames. O programa Apego do Concello de Ames vai continuar realizando as súas actividades durante este mes de novembro, en formato virtual debido á actual situación sanitaria.

A próxima sesión será “Polo Camiño, Contos da feira”, o venres 20 de novembro a partir das 18.00 horas. Estará organizado pola compañía de teatro A cova das letras e proposto a través do programa FalaRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Este espectáculo de monicreques de luva, de táboa e marotas, conta a historia dunha feira onde se xuntan seis personaxes que, cos seus contos en cantos, farán voar a nosa imaxinación: a minuteira, o fistor, Pepa a Loba, Pepa das Mulas, o vendedor de tarabelas e a posticeira.

Para poder participar as familias terán que inscribirse, aínda que por ser unha actividade virtual non haberá límite de prazas.

O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o xoves 19 de novembro. As persoas interesadas deben enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que figuren os nomes e apelidos das persoas participantes, a idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto.

Dende o departamento de Normalización Lingüística confirmarase a inscrición e as familias que participen recibirán a ligazón e as instrucións para poder acceder á sesión virtual.

16 nov 2020 / 12:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.