Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 31 enero 2023
10:32
h

Postos de Nadal para incentivar o comercio local na vila padronesa

PADRÓN. O comercio local foi un dos sectores máis afectados, xunto á hostalaría, pola crise sanitaria e é por iso que nesta época os concellos se esforzan máis ca nunca por concienciar á veciñanza da importancia de consumir nos pequenos negocios. Padrón organizou unha xornada cargada de postos de todo tipo polas rúas: de palomitas, castañas, brochetas de gominolas ou mascotas xigantes de peluche. A idea foi precisamente animar aos veciñas e veciñas a saír ás rúas para facer as súas compras de Nadal nos establecementos da vila mentres desfrutaban das lambonadas. Asemade desenvolveuse un obradoiro de globoflexia, pensado para os máis pequenos. Por certo que a cativada do concello recibiu a visita de Papá Noel na súa casa, un espazo adornado no auditorio municipal. Xa fixera unha ronda de contactos virtuais polos colexios. C.E.

28 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.