Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 02 febrero 2023
21:56
h

Prazo para anotarse aos dez días de concilia Nadal Lúdico ata este xoves

A Maía. Está xa aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación Nadal Lúdico, que se desenvolverá os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2022, e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2023, e con data límite de anotación ata este xoves, 28 de outubro.

Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar.

O programa ten un horario de 07.30 a 16.00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da sede electrónica. Premendo nas ligazóns da web pódense descargar os impresos de inscrición (anexos I, II e III). M. Outeiro

23 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.