Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Prazo para mercar bonos culturais ata este martes

A Maía. Este martes 4 de xaneiro vai rematar o prazo para mercar os bonos culturais da programación de cultura de Ames para a primeira metade de ano. As vinte unidades que puxo á disposición da veciñanza a concellería de Cultura, cun prezo de 30 euros, permiten acceder aos doce espectáculos para público adulto do itinerario cun desconto do 50 % sobre o importe total.

O trámite realízase en poucos minutos a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. Pola súa banda, as entradas individuais estarán dispoñibles a partir deste mércores día cinco de xaneiro, despois de que se peche a dispensa dos abonos antes citados.

O proceso de retirada dos bonos culturais faise a través da billeteira electrónica do Concello de Ames en seis pasos. En primeiro lugar, cómpre estar rexistrado e acceder ao panel interno. Dende alí, e a través do menú lateral esquerdo, selecciónase a opción para a compra de bonos. M. Outeiro

04 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.