Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Prazo para o Certame Literario ata o 24

A Maía. Dende a concellaría de Normalización Lingüística lembran que está aberto ata o xoves 24 de marzo o prazo para participar na décimo novena edición do Certame Literario de Ames, ao que todos os creadores poden presentar os seus textos inéditos de narrativa e poesía en lingua galega para optar a premios de entre 300 e 140 euros. As bases ao completo do certame poden consultarse xa na web municipal oficial, dende onde tamén se descarga o impreso para participar.

Este Certame Literario de Ames roza xa as dúas décadas de lonxevidade como unha das iniciativas culturais máis consolidadas no concello. O concurso serviu como plataforma de despegue de numerosas escritoras e escritores, que recibiron un impulso inicial gañando convocatorias, mesmo en repetidas ocasións. Ten dúas modalidades, narrativa e poesía, e cada unha delas componse á vez de tres categorías para persoas de calquera idade. Máis información no tf 662 377 215. M.M.

15 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.