Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Prazo para optar ós premios Lingua e Empresa ata o vindeiro martes 16 de novembro

As compañías asentadas no municipio deben entregar a súa candiatura nos rexistros físicos e tamén no telemático

A Maía. Quenes desexen presentar candidaturas ao Premio Lingua e Empresa, unha iniciativa conxunta das concellarías de Normalización Lingüística e Promoción Económica de Ames, teñen de prazo ata o vindeiro 16 de novembro. Poden participar firmas con sede social ou co seu centro de actividade no municipio, que aposten polo galego na súa actividade económica e na comunicación, tanto no ámbito interno como no externo. Nesta cuarta edición, o premio continúa con dúas categorías, que diferencian entre empresas de nova creación ou que se sumaron ao galego recentemente e empresas que levan comunicando en galego desde hai máis de dous anos. Este premio está dotado con 3.000 euros, 1.500 para cada unha das categorías, e cunha campaña de difusión na radio municipal.

Esta convocatoria promove o uso da lingua galega na actividade económica do Concello de Ames, concretamente no eido empresarial, dado que o uso lingua é un elemento que achega calidade, identificación, proximidade, diferenciación e innovación ao ámbito económico. A lingua é unha marca de calidade que todas as empresas teñen ao seu alcance, e con premio recoñécense cada ano varias entidades que xa están aproveitando esta vantaxe comunicativa para que sirvan de referente ou motor para que outras se sumen.

Inclúe dúas categorías, valorando tanto ás iniciativas empresariais que incorporaran o galego nos últimos dous anos como ás que leven empregando a diario a nosa lingua de maneira prolongada, estable e continuada. Para presentar as súas candidaturas, as empresas poden solicitar cita previa nas oficinas de rexistro municipais de Bertamiráns ou do Milladoiro, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, ou ben acceder ao trámite telemático a través da sede electrónica do Concello de Ames, ata este martes. m. MANTEIGA

15 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.