Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premian lemas do CEP de Ventín e IES silledense contra a violencia machista

Ames. Dous centros de Área foron recoñecidos pola Xunta no certame de lemas contra a violencia de xénero con cadanseus segundos premios. Trátase da clase de 6º E do CEP de Ventín (Ames) na categoría para alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO por Se me controlas non me molas. E a de primeiro do Ciclo Superior de Xestión de vendas e espazos comerciais do IES plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda, con Edúcame en igualdade e seremos libres na categoría de 3º e 4º de ESO, Bacharelato FP e ciclos.

Segundo explican dende o centro amesán (na súa categoría gañou 2º de ESO do IES Arcebispo Xelmírez de Santiago), o resultado xurdiu logo de traballar varias semanas con diferentes lemas: “Tiñan claro o que querían significar e expresaron que o máis importante para eles é o tema do control, xogando con esa palabra e coa mirilla dunha porta que representa esa mirada constante á que están sometidas as mulleres que sofren violencia de xénero”, apuntan fontes do colexio.

Neste caso tamén recoñecen que desbotaron outros lemas “por ser moi longos” e xogaron coa linguaxe para rematar “collendo unha palabra que rimase, que non fose moi longa e que representase a súa idade”. E tras a votación democrática, elexiron “mola”.

Para relacionalo co tema do control, optaron polo deseño dun ollo que, ademais, incrementa a sensación de control porque é a mirilla da porta por onde a muller se sinte observada: “É a porta para representar algo infranqueable, que non pode nin debe acontecer”, indican. m. manteiga

14 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.