Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premio a Blanco y Negro polo mellor escaparate

A Maía. A casa do concello amesá acolleu a entrega de premios aos gañadores da décimo sexta edición do Concurso de Escaparates, que repartiu 3.400 euros entre os galardoados. Así, en primeiro lugar quedou Peluquería Blanco y Negro, do Milladoiro (1.400 €). O segundo posto foi para Kiérete Peluquería, tamén do Milladoiro (1.000), terceiro para PC Bertamiráns Informática (600 euros) e na cuarta posición clasificouse Carnicería Sigüeiro, do Milladoiro, que levou 400 euros.

O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e Martín Larre, membro do xurado, foron os encargados de repartir os galardóns, que consistiron nuns trofeos e diplomas, uns adhesivos para os establecementos e os cheques. Valorouse a orixinalidade, a elaboración propia ou a utilización de elementos propios e de materiais de refugallo. Ao acto foron convidados os gañadores da última edición deste certame. M. Manteiga

17 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.