Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Premio Baleirón para Valeiras

Recibirá 2.500 € e verá publicada a súa obra ‘Urda’ // Dende o xurado de Dodro valorouse a hibridación de discursos do libro

O Concello de Dodro volveu a cumprir coa lírica, e este sábado entregaba a Francisco Valeiras González Quico o XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón pola obra Urda. O acto, con restricións pola COVID, celebrouse no colexio ao que da nome Lorenzo Baleirón, e a decisión do xurado foi unánime.

Entre as características que gabaron desta obra Urda (que será publicada e pola que o autor recibirá 2.500 €), quenes a valoraron destacaron “a aparición dunha voz que procura espazos aínda pouco transitados na nosa literatura, singularmente no territorio do pensamento. Trátase dunha voz que bota man da hibridación de discursos e que se revela, tanto na asunción das poéticas últimas, como na presenza de múltiples voces, facendo patente un amplo universo discursivo”, explicaban.

O acto estivo conducido pola coordinadora do certame, a poeta Elvira Ribeiro Tobío, e presidido polo alcalde, Francisco Xabier Castro; o edil de Cultura, Xoán Xosé Vicente Franco, e o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira. No marco do mesmo, ademais da entrega deste recoñecemento, tivo lugar a presentación da obra gañadora no 2019, A voz do arqueiro de Antón Blanco Casás; un recital poético de Flavia Lorenzo Sóñora, filla de Eusebio, e dos poetas Anxo Angueira e Míriam Ferradáns, así como a actuación do músico local Secho.

A participación limitouse a munícipes, familia e amigos de Lorenzo, xurado e poetas gañadores, representantes da editora da obra, relatores e persoal da organización.

12 dic 2020 / 19:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.