Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Preparan rutas ‘forestais’ na zona sur do Milladoiro

A Maía. O tripartito amesán aprobou en xunta de goberno a adxudicación do contrato para a xeración de novos percorridos ambientais na zona sur do Milladoiro. Executará a empresa MGM Edificaciones e Infraestructuras Sl por un importe de 144.690 € (fondos FEDER), e o comezo de obras fixouse previsiblemente na segunda quincena de novembro. Inclúe dúas novas sendas peonís para pasear e facer deporte no monte que se atopa na contorna das rúas do Rego e da Costa Grande, e por debaixo do viaduto da AP-9, nun proxecto que está integrado no Plan Impulsa Ames e pretende crear unha nova área que se suma ás melloras no parque da zona norte do Milladoiro. A iniciativa farase na zona boscosa que está próxima á Galiña Azul e o cuartel da Benemérita, e inclúe dous itinerarios: un circular (no que se executarán obras de drenaxe para consolidar o firme da senda proxectada e o correcto encanamento das augas de escorrentía existentes nesa zona) e o que irá aos depósitos de auga do Milladoiro (polos camiños granulares existentes e mellorados que chegan ata eses depósitos amesáns da traída). Outras actuacións contempladas no proxecto son a colocación de alumeado sostible, tanto para a praza de acollida como nos novos percorridos ambientais, e carteis informativos explicativos de todos eses percorridos. M. Manteiga

29 oct 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.