Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Presentan a primeira Ruta do Apego entre Lens e Oca

A MAÍA. O Servizo de Normalización Lingüística de Ames, en colaboración coa Aula da Natureza, acaba de presentar a I Ruta do Apego, unha intervención nun tramo da ruta das Ribeiras do Tambre que está situado nos lugares de Lens e Oca.

Ten como obxectivo estimular nos cativos o coñecemento e a querencia polo noso patrimonio natural, cultural e lingüístico ao tempo que convida a gozar da fermosura e da riqueza ambiental que agocha o concello. É a primeira Ruta do Apego do Concello de Ames e conta con elementos informativos, de xogo e de descanso accesibles aos rapaces. Esta ruta convida aos usuarios a descubrir o Camiño á Pedra de Xan Gómez, un camiño cheo de vida que agocha fermosas sorpresas. Ao longo do camiño atópanse topónimos que din como é o terreo, que vexetación predomina, que uso se lle daba, de quen era... e que convidan a empregar os cinco sentidos para descubrir a contorna e manter as raíces.

A vía divídese en dous treitos: o primeiro é o Camiño da Pedra de Xan Gómez, que transcorre a media ladeira por unha vía de firme compacto e irregular de terra con desniveis baixos. O percorrido, lineal, ten unha distancia de 1.7 km de ida e 1.7 km de volta, cunha duración de dúas horas e media. E o segundo, de 0,6 km, leva a Apertado do Laxindo (acceso con dificultade para carros e cadeiras). m. outeiro

18 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.