Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Presentan o libro de Rosalía no que se desbota a súa crianza en Ortoño coa familia paterna

Padrón. O Museo do Pobo Galego foi o escenario onte da presentación do volume Rosalía e Murguía: datos, datas e documentos (1851-1858), que recolle os achados realizados en febreiro deste ano en Madrid pola investigadora galega Sagrario Abelleira e permite así completar a biografía dos dous grandes referentes das nosas letras.

Na presentación interviron Sagrario Abelleira; Miguel Anxo Seixas, investigador, ensaísta e colaborador no libro; Armando Requeixo, secretario do Instituto Ramón Piñeiro, e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro quen subliñou a importancia da descuberta e vinculou o traballo de investigación de Abelleira co de Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda, que xa achegara datos que desterraban a crenza de que Rosalía fora abandonada pola súa nai. Angueira destacou que estas achegas teñen un importante impacto simbólico pola alteración da data de nacemento, pero tamén un impacto fundamental sobre a biografía de Rosalía, dado que se constata a importancia da súa relación coa nai e se desbota definitivamente a súa crianza en Ortoño coa suposta familia paterna. s. e.

08 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.